30 dic 2012

Gastronomía...

Restaurante "Os tres caracois" Preto da ponte Vecchia, Florencia.

Menú degustación:
    Unha anchoa enrolada descansando sobre unha rebanda de nabo tallada a semellanza dunha ra.
    Outra anchoa enroscada ao redor dun brote de col.
    Unha cenoria, belamente tallada.
    O corazón dunha alcachofa.
    Dúas metades de cogombro novo sobre unha folla de leituga.
    A peituga dunha curruca.
    O ovo dun avefría.
    Os testículos dun año con crema fría.
    A pata dunha ra sobre unha folla de dente de león.
    O pezuño, fervido e desosado, dunha ovella.


       

20 dic 2012

Quattrocento

Unha visión do Quattrocento centrada en tres mestres: Brunelleschi, Donatello e Masaccio.

14 nov 2012

A catedral de Reims

Os monumentos tamén sofren as guerras...










 e así quedou tralo bombardeo alemán na I Guerra Mundial




Co tempo, todo se reconstrúe... (ou case)

Podedes facer unha visita virtual á catedral de Reims no seguinte enlace:
Visita á catedral de Reims

11 nov 2012

A catedral románica de Santiago

 Excelente recurso para achegarse tanto á arquitectura como á escultura da catedral románica de Santiago. Foi realizado do CPI Pecalama de Tordoia, parabéns aos autores

Catedral de Santiago

31 oct 2012

Rehabilitación, restauración, reconstrución

   As seguintes imaxes son dunha maqueta que amosa o estado da igrexa románica de San Martín de Frómista antes da "restauración" dirixida polo arquitecto Aníbal Álvarez. Estas obras remataron en 1904, o estado anterior é posible sabelo grazas a debuxos e litografías como as de Parcelisa de 1860. Contrastan coa terceira imaxe que é como está na actualidade.

   Hai quen ve no resultado máis un edificio neorrománico, preto do historicismo do século XIX, que un templo característico do románico palentino... para ler máis tedes este artigo:
http://www.artehistoria.jcyl.es/tesoros/contextos/7060.htm
Un posible comentario para unha imaxe do interior de Santa Sofía e outro para o exterior de Santa María do Naranco:

11 oct 2012

O triunfo en Roma

        O triunfo é a entrada solemne e apoteósica en Roma dun xeneral vitorioso, a quen a patria quere recompensar os seus esforzos, e recoñecer e premiar a súa táctica e o seu acerto no bo éxito da guerra. Propiamente é unha festa relixiosa, un acto oficial de acción de grazas do vencedor a Xúpiter Optimo Máximo, patrón da cidade. É como unha devolución gozosa a Xúpiter dos auspicios que no día de saída da cidade solicitou naquel mesmo templo para ir defender a patria contra os inimigos que xa foron derrotados. As horas en que se celebra o triunfo a cidade está sometida ao imperium militar; o triunfador que en aquel momento sobe ao Capitolio é o único xefe do Estado....

Panteón de Roma


No interior, mesma altura que diámetro (43,2 metros). As columnas non sosteñen ren (ocultan o sistema de carga), é só unha homenaxe á arquitectura grega.

28 sept 2012


Rematamos a arquitectura da acrópole cunha magnífica reconstrución.

24 sept 2012

Restauración do templo de Apolo en Bassae

Estas fotos foron feitas no verán de 2007. O templo de Apolo en Bassae aparece cuberto por unha lona e estábanse a realizar obras de restauración nel. Os movementos sísmicos ao longo do tempo colocaron este templo nunha situación de risco...Pausanias cita a Ictino como o seu arquitecto (lembrade, o mesmo que traballou no Partenón).




23 sept 2012


 O espolio de obras de arte é unha constante da historia...

 Lord Elgin e o Partenón

22 sept 2012

A Acrópole

   A Acrópole de Atenas dá moito para falar... aquí deixo unha curiosidade: a imaxe que tiña a principios do século XIX.
   No ano 1805 un viaxeiro e pintor inglés, Edward Dodwell, visitou Atenas e debuxou o que viu. En primeiro plano están os Propíleos. Lembrade que o Partenón ao longo da súa historia foi igrexa cristiá, mesquita e ata unha polvoreira coa ocupación turca.

   O Erecteion é outro edificio da Acrópole moi interesante pola súa tipoloxía que se afasta dos templos tradicionais, no seguinte vídeo vese algo disto e no debuxo vedes o que quizáis fose a imaxe deste edificio na época da súa construción.

Partenón

Interesante recreación da historia do Partenón
 


Esquema do contexto socio-político da arte grega


14 ago 2012